O alumnado do Obradoiro xuvenil Inicia V remata a instalación da varanda de seguridade no graderío inferior de Prados Vellos

Comparte esta nota de prensa

Parabéns ao alumnado polo traballo realizado 👏

O alumnado do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil Inicia V rematou a semana pasada a instalación da varanda frontal, para a protección contra caídas, do graderío inferior do Campo de Fútbol Municipal de Prados Vellos.

Ademais o xoves día 17, os 16 alumnos/as da especialidade de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial, realizaron unha saída didáctica ao CIFP Ferrolterra e ao Centro de Investigacións tecnolóxicas do Campus de Ferrol, acompañados pola directora, o docente da especialidade e as docentes de formación empresarial e educación básica.

O alumnado deste Obradoiro pertenence aos concellos de Ares, Cabanas, Fene, Mugardos e Neda, e rematarán o vindeiro mes de setembro, despois dun ano, o seu proceso de formación e aprendizaxe.

Pódeche interesar