Luz morada no Concello polo Día da Síndrome de Dravet

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Hoxe, 23 de xuño, conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Dravet. Apoiando unha petición formulada pola Fundación Síndrome de Dravet, a fachada do Concello iluminarase esta noite de morado.

A síndrome de Dravet é unha forma rara de epilepsia, intratable e que comeza no primeiro ano de vida, cunha incidencia estimada de 1 cada 16.000 nacementos. As opcións de tratamento actuais son limitadas, e o coidado constante que requiren quen padece a síndrome afecta gravemente a calidade de vida do paciente e a súa familia.

O Concello súmase á campaña para darlle a maior visibilidade.

Máis información:

informacion@dravetfoundation.eu
https://www.dravetfoundation.eu/sobre-dravet/

Pódeche interesar