Rutas de Sendeirismo
As
Mirandas
Desde este lugar poden observarse as mellores vistas á Illa das Mirandas, unha das illas mitológicas do Golfo Ártabro. Se nos fixamos na fragmentación da Isla vemos que se conforman os tres Illotes das Mirandas: Mirandiña, Miranda Pequena e Miranda Grande.
Conta a lenda que desde a Idade Media víanse por Europa sirenas que tiñan ata a cintura beleza e atractivo de conto e de aí para abaixo era un peixe cunha cola rosada e de prata, e que unha delas frecuentou durante longo tempo as augas de Ares establecéndose próxima ás Mirandas, ata que un día foi sorprendida por un fidalgo dos máis poderosos de Galicia, que quedou totalmente namorado dela. casou en segredo e levouna para casa e co paso do tempo lonxe do mar, caeron as escamas e a pel da cola. Puido por fin ter fillos e nunca máis sentiu soa a sirena das Mirandas.
Se non fose suficiente con esta lenda para admirar profundamente esta costa, en novembro do ano 2020 encalla nas súas proximidades o barco Blue Star, outro espectáculo que chamou a atención tanto dos aresáns como da xente de pobos veciños. Foron varios os intentos de sacar o barco da ría, pero do mesmo xeito que a sirena decidiu estar un tempo no noso pobo -desde o 22 de novembro ata o desenlace ocorrido o 10 de decembro-.
É por isto que desde este miradoiro non só pódese admirar o encanto natural da zona, senón tamén o místico e histórico.