Ares Descobre é unha iniciativa que ten como finalidade a posta en valor do patrimonio vinculado ao mar.
A través destes itinerarios autoguiados, locais e visitantes poden coñecer algúns dos oficios do mar ademais das contornas e paisaxes que conforman a memoria mariñeira do territorio de Ares.
Os percorridos son circulares, un urbano e outro no litoral, poden realizarse camiñando ou en BTT, e aptos para todos os públicos.