Se estás interesado/a en acudir ao espectáculo “A Peste”, unha adaptación teatral da novela homónima de Albert Camus, aínda estás a tempo!

Comparte esta nota de prensa

A actividade, aprazada por mor da covid-19, vén de recuperarse por parte da Concellaría de Cultura e o Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela, asignando o sábado, 26 de febreiro, coma nova data de realización. As condicións manteranse iguais: tanto entrada ao espectáculo coma transporte serán gratuítos para as persoas inscritas. O autobús sairá ás 17.45 horas do sábado, 26, dende a Porta do Sol (Froiz) con regreso aproximado ás 00.00 horas á nosa localidade.

Contacta coa biblioteca municipal de Ares no 981 448 057 para reservar algunha das 10 últimas prazas dispoñibles!

 

Pódeche interesar

Avisos

Ares contra o Cancro 2025

A casa consistorial de Ares luce durante toda esta semana unha nova iluminación ornamental sobre a súa fachada, facendo protagonista á cor verde e sumándose