Varios funcionarios e funcionarias da Subdelegación do Goberno de España na Coruña estarán alí para resolver as túas dúbidas sobre a administración dixital, pero tamén para tramitar in situ o certificado da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, o que maiores posibilidades de interación ofrece co conxunto das entidades públicas.
A iniciativa é parte do plan “La Administración cerca de ti”, inscrito dentro das políticas de reto demográfico do Ministerio de Política Territorial. Así, Ares será un dos 67 concellos da provincia que se beneficiarán desta proposta na que se desexa loitar contra a fenda dixital e facilitar os trámites electrónicos.
Para asistir, inscríbete previamente na Biblioteca municipal de Ares en persoa ou vía telefónica contactando co 981 448 057.