Mañá, ás 22:30 horas, contaremos coa segunda película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “Encanto”, un divertido filme de animación para toda a familia que narra as aventuras dunha familia extraordinaria con dons especiais e maxia en perigo.

A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración coa Rede Cultural da Deputación, realizarase na Praza da Constitución de Ares, mais en caso de choiva, trasladarase á pista polideportiva.

Non perdas a oportunidade!