NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Todas as cuestións relacionadas co funcionamento das actividades/escolas (suxestións, queixas…) tramitaranse directamente cos/cas responsables Técnica/os Municipais da área correspondente.
Procurarase garantir ao máximo a asistencia, comunicando sempre á/ao monitor/a calquera ausencia prevista.
As/os usuarios/as do Ximnasio Municipal disporán dun carné que permitirá o acceso á sala e que se amosará na conserxería do Pavillón antes do acceso ao recinto.
O abono das mensualidades efectuarase por domiciliación ou transferencia bancaria (os recibos emitiranse entre o 5 e o 10 de cada mes) na conta que se indicará unha vez sexa confirmada a praza e a actividade.
As persoas que non renoven o seu pagamento no prazo disposto causarán baixa de forma automática na Escola. Do mesmo xeito, ante a decisión de baixa nunha escola/actividade haberá que comunicalo no Pavillón Deportivo Municipal antes do día 25 do mes en curso, para evitar problemas ca xestión dos pagamentos. Por esa razón, as devolucións dos recibos supoñen un custe que será aboado polo/a usuario/a que o xerara.
Aqueles usuarios/as que manteñan algún tipo de débeda no pago dalgunha escola/actividade do curso anterior, deberán efectuar o seu pago. O incumprimento desta norma anula o dereito a inscrición na presente edición.
As actividades deportivas desenvolveranse do 9 de setembro de 2024 ao 30 de xuño de 2025 e só interromperán o seu funcionamento as datas festivas locais ou nacionais.
É responsabilidade de cada usuario/a dispoñer da aptitude física e destrezas necesarias para participar nas actividades/escolas convocadas, polo que o Concello de Ares non se fará cargo de ningún dano físico ou moral que poida derivarse da participación nas mesmas.
O Concello resérvase o dereito de anular unha actividade/escola por non ter o número suficiente de participantes (estímase en 10 o número de mínimo de inscritos/as para que dea comezo e/ou continúe unha escola /actividade) e de facer todas as modificacións que estime oportunas, para o bo funcionamento das mesmas.
Para máis información e inscricións, podes consultar o apartado dedicado ás actividades municipais deportivas en www.concellodeares.gal ou contactar a través do correo electrónico: deportes@concellodeares.com.
LIGAZÓN ACTIVIDADES DEPORTIVAS: ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS 2024-2025 MÓVETE! (google.com)
DESCONTOS DE COTAS
- 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % na matrícula + 50% na cota da escola/actividade de menor importe.
- Familia numerosa: 50 % na matrícula + 50 % en todas as escolas/actividades.
- Familias carentes de recursos económicos (solicitude previa, comprobación e informe feito polos Servizos Sociais municipais): De balde.
ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS
- PILATES (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
CANDO: Martes e xoves de 9:30 a 10:30 h. (G1), de 10:30 a 11:30 h. (G2), de 18:30 a 19:30 h. (G3) e de 19:30 a 20:30 h. (G4)
Luns e mércores de 19:30 a 20:30 h. (G5)
PREZO: 20,67 €
- PILATES CHANTEIRO (+16 ANOS)
ONDE: No C.C Outeiro.
CANDO: Luns e mércores de 17:15 a 18:15 horas (Grupo 1) e de 18:15 a 19:15 h. (Grupo 2)
PREZO: 18,83 €
- BAILE LATINO (+16 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal.
CANDO: Todos os xoves de 20:30 a 22:00 horas
PREZO: 14,14 €
- IOGA 1 (+14 ANOS)
ONDE: Na Casa da Xuventude.
CANDO: Luns e mércores de 11:00 a 12:30 horas.
PREZO: 23,54 €
- IOGA 2 (+14 ANOS)
ONDE: Na Casa da Xuventude.
CANDO: Luns e mércores de 19:30 a 20:30 horas (Grupo 1) e de 20:30 a 21:30 (Grupo 2).
PREZO: 20,67 €
- TONIFICACIÓN (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
CANDO: Luns e mércores de 9:30 a 10:30 horas.
PREZO: 20,67 €
- ZUMBA (+14 ANOS)
ONDE: No pavillón polideportivo municipal – Sala de Usos Múltiples.
CANDO: Luns e mércores de 20:30 a 21:30 horas.
PREZO: 20,67 €
- XIMNASIA CERVÁS (+16 ANOS)
ONDE: Nas instalacións da Gandeira de Cervás.
CANDO: Martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.
PREZO: 18,83 €
- XIMNASIA CAAMOUCO (+16 ANOS) (a partir de outubro)
ONDE: Na Agrupación Instrutiva de Caamouco.
CANDO: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas.
PREZO: 18,83 €
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
As solicitudes de inscrición realizaranse na web municipal www.concellodeares.gal, no apartado das Actividades Deportivas Municipais 2024-2025. Estes son os prazos que rexen o proceso de inscrición:
EMPADROAD@S: Do 19 ao 26 de agosto.
NON EMPADROAD@S: Do 27 de agosto en adiante ata completar grupos.
A dispoñibilidade de praza e o comezo das actividades notificarase individualmente por correo electrónico ás persoas interesadas.
MATRÍCULAS
Do 9 ao 16 de setembro, ambos inclusive, farase o pagamento da matrícula e da mensualidade destas actividades. Estes son os prezos de matrícula estipulados:
EMPADROAD@S: 10,13 €
NON EMPADROAD@S: 18,99 €