Txetxu Altube protagonizou a segunda sesión de ‘Ao Son do Mercado’

Comparte esta nota de prensa

O ciclo de música de autor en acústico continuou onte no Mercado Municipal de Ares cunha nova actuación en pequeno formato, desta volta da man de Txetxu Altube.

Nun ambiente pensado para a escoita activa, o público puido desfrutar das súas cancións, das letras e das historias que acompañan cada composición, nunha proposta que convida a vivir a música con máis calma.

‘Ao Son do Mercado’, integrado na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura, segue a celebrar así o centenario do Mercado Municipal, que este ano cumpre 100 anos de historia como espazo de encontro veciñal, social e comercial da vila. Á segunda sesión do ciclo acudiu tamén a edila de Comercio, Lucía Blanco, en representación do Concello.

O ciclo rematará o vindeiro martes, 21 de xullo, ás 20:30 h., coa actuación de Oso, pechando esta primeira edición dedicada á música de autor en acústico.

 

 

Pódeche interesar