Este xoves, 10 de agosto, ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “Cuñados”, unha comedia familiar na que Eduardo e o seu cuñado Sabonis vense involucrados nun secuestro como solución aos seus problemas financeiros, dando lugar a situacións cómicas e enredos familiares.

A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, realizarase na Praza da Constitución de Ares. Non perdas a oportunidade!