O 1 de novembro ás 15:00 horas finaliza o período de inscricións do percorrido que se realizará polos Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo, no marco do SendAres 2022-2023! Se estás buscando unha experiencia que aglutine deporte, natureza e exploración de novos espazos galegos, súmate á ruta que programa a Concellaría de Deportes o domingo, 13 de novembro, cun custe de 15 euros por persoa. Establéceronse 25 prazas, que se cubren por orde de inscrición e que xa están a piques de ocuparse na súa totalidade.
Accede ao trámite telemático nesta ligazón: https://forms.gle/Ko6E7H7AuCaDxDNR6