Últimos días para visitar a exposición Galicia en Foco

Comparte esta nota de prensa

O mellor do fotoxornalismo galego aglutínase no andar superior da Casa da Xuventude de Ares grazas á 33ª edición de Galicia en Foco, unha mostra que chegou á vila a partir da coordinación entre o Club de Prensa de Ferrol e a Concellaría de Cultura.

A exposición estará dispoñible até o 11 de abril para todo aquel que desexe descubrir esta crónica visual da vida, cultura, sociedade e tradicións do territorio galego, viaxando a través do traballo dos fotoxornalistas que, día a día, documentan a Galicia contemporánea coas súas cámaras.

Na propia Casa da Xuventude atópase o traballo de Brais Lorenzo, que gañou o galardón de Foto do Ano dentro desta 33ª edición, ou de Iñaki Abella, cunha serie en prensa tamén premiada.

Pódese visitar de 10:00 a 13:00 horas (de luns a venres) e, en horario de tarde de 19:00 a 21:00 h. (só os venres).

Pódeche interesar