O municipio de Ares, está situado ó norte da provincia da Coruña, na ría que leva o seu mesmo nome, entre os 43º 25′ y 43º 28′ de latitude norte e os 8º 19′ y 8º 12′ de lonxitude oeste, formando unha península xunto co concello de Mugardos.
Limita ó norte co municipio de Mugardos, ó leste con Fene e ó sur co Océano Atlántico. Ten unha superficie de 18 km2. e a súa poboación divídese en tres parroquias: San Vicenzo de Caamouco, San Pedro de Cervás e San Xosé de Ares, onde se encontra a capital municipal, Ares.
O concello é un dos de menor extensión dentro da provincia da Coruña, cunha poboación de 4.576 habitantes (Censo de 1996), o que lle dá unha grande densidade de poboación, 250,9 habitantes por quilómetro cadrado.
Hai dúas zonas ben diferenciadas:
- A metade oriental non sobrepasa os 50 metros de altitude, exceptuando o sector nordeste onde existen maiores alturas.
- A metade occidental non mostra moitas diferencias, pero a súa topografía chaira vese interrompida por una banda de granodiorita que dá lugar á presencia de Montefaro (262 metros). Desde este podemos gozar dunha magnífica vista panorámica das rías de Ares, Ferrol e A Coruña.