XXVI TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES 2024

Comparte este evento

O sábado 20 de xullo de 2024, 17:30h na rampla grande de Ares, terá lugar a celebración da XXVI Travesía a nado da Ría de Ares.

Inscricións: Previas a través de www.concellodeares.gal no apartado Travesía a Nado da Ría e no seguinte formulario: XXVI TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES 2024 (google.com)

A travesía terá un límite de 150 participantes. Inscricións ate ás 09h do xoves 18 de xullo (no caso de que rematado este prazo quedaran prazas libres poderán cubrise por rigorosa orde de chegada á mesa de dorsais instalada na rampla grande o mesmo día da proba dende as 16 ata as 17h. O mesmo xoves, unha vez rematado o prazo de inscrición, sacarase unha nota na web onde se dará conta do número de prazas libres).

Idades e categorías: Femininas e masculinas.
  • ❖ Popular: Tódalas idades (distancia 100 mts)
  • ❖ A: 2013 e menores, 1959 e posteriores (distancia 400 mts)
  • ❖ B: 2011 e 2012 (distancia 1000 mts)
  • ❖ C: 2009 e 2010 (distancia 1000 mts)
  • ❖ D: 2007 e 2008 (distancia 1000 mts)
  • ❖ E: 2005 e 2006 (distancia 1000 mts)
  • ❖ F: 2004 a 1990 (distancia 1000 mts)
  • ❖ G: 1989 a 1975 (distancia 1000 mts)
  • ❖ H: 1974 a 1960 (distancia 1000 mts)

ORGANIZA: Concello de Ares

COLABORAN: Agrupación de Protección Civil de Ares, Club Náutico de Ares, Club Marítimo de Redes, Club Natación Ferrol e ServiOcio.

Premios: Agasallo dun gorro por participar. Trofeos para os gañadores absolutos da travesía (masculino e feminino) e tamén para o nadad@r máis nov@ e o nadad@r máis veterán. Medallas aos tres primeir@s clasificad@s en cada categoría, tanto en masculinos como en femininos. Na categoría popular haberá medallas para todos os participantes. A organización disporá dunha zona de avituallamento con hidratación, froita e bebida quente.

Nota.- Permítese o uso de traxe de neopreno.

 

TODA A INFORMACIÓN EN PDF: Travesia a Nado 2024

Pódeche interesar...

Avisos

Actividades de verán: Casa da Xuventude

Nos meses de xullo e agosto, a Casa da Xuventude acollerá competicións de tenis de mesa, futbolín, e-sports, xogos en rede e billar, mais tamén