Alumnado do CPI As Mirandas celebra o Día dos Océanos cunha acción de limpeza nas praias urbanas de Ares

A actividade, recuperada tras adiarse o mércores pola climatoloxía adversa, materialízase baixo o nome “Mares Circulares”, co-organizada entre o Concello, o centro educativo, Coca-Cola e a Asociación Chelonia. Dende o paseo marítimo do núcleo urbano, veciñanza e visitantes convertéronse en testemuñas da acción que se estivo executando esta mañá nas diferentes praias que se espallan […]

BANDO: celebración da noite de San Xoán e de San Pedro

Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en canta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Cancellos poderán intervir […]

Esta semana, as concelleiras Noelia Montero e Victoria Montenegro, xunto con Jose Montero, dende o Club Remo Ares, anunciaron os actos que se promoverán para a presentación da tempada 2022!

Así, mañá mesmo temos unha cita ineludible co remo local xa dende as 11:00 horas, co evento das “Sereas das Mirandas”, un proxecto pioneiro en Galicia para achegar a práctica do remo ás mulleres afectadas polo cancro de mama. Se queres saber máis, se desexas apoiar a iniciativa… esperámoste na Alianza Aresana! Seguiremos dende as […]

O Concello presenta a oferta deportiva municipal para o verán

A área de Deportes desprega unha ampla planificación que abrangue dende os máis pequenos, con xogos nas parroquias e un campamento urbán, á mocidade, incluíndo 11 programacións como manexo de drons, modelado 3D ou fútbol-burbulla. O período de inscrición abrirá este luns, 13 de xuño, ata o martes, 21 (no caso de empadroad@s). Dende o […]

Listaxe aprobados/as primeiro exercicio para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares

ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]