Ares recupera a homenaxe musical a Gildo Illobre

O evento organizarase o 30 de xullo por quinta vez para encher o Parque Rosalía de música e lembrar ao director e acordeonista aresán. A Coral Estelas do Mar, a Rondalla Mugardesa e os Trovadores de Ares participan na volta da iniciativa e evidencian a fonda pegada musical de Gildo. A localidade aresán rendirá de […]

Comeza o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

A iniciativa recala un ano máis na localidade a través da colaboración da Fundación, o Concello de Ares, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia ADR. Do 18 ao 22 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos contará con sesións lúdico-educativas de mellora futbolística. Durante as mañás de toda esta semana, […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 19 de xullo, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.