Comeza o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
A iniciativa recala un ano máis na localidade a través da colaboración da Fundación, o Concello de Ares, a Federación Galega de Fútbol en Ferrol e o Numancia ADR.

Do 18 ao 22 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos contará con sesións lúdico-educativas de mellora futbolística.

Durante as mañás de toda esta semana, arrancando xa no día de onte, o céspede do campo municipal de Prados Vellos acolle unha nova edición do Campus Verán da Fundación Celta, un evento que proporciona sesións de adestramento baixo a metodoloxía da canteira do club olívico a rapaces e rapazas de entre 4 a 16 anos.

Así, este Campus do Celta cumpre unha dobre función dentro do devir cotián de Ares: constitúese coma un recurso que axuda na confiliación familiar, mais tamén achega un proceso de aprendizaxe de valores como a puntualidade, o traballo en equipo e a amizade, indo máis aló do futbolístico. Porén, non se deixará de lado o traballo das habilidades técnicas persoais a través dos xogos lúdicos.

O evento formativo leva coma mínimo dende 2011 desenvolvéndose en Ares, consolidándose entre os máis antigos dentro da oferta de campus da Fundación Celta de Vigo. Ao longo de todos estes anos, o Campus tamén converteuse nun espazo para o intercambio de coñecementos entre os entrenadores e xogadores locais e o persoal do equipo olívico.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares en marcha contra o cancro

O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio