O Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte promove encontros de traballo conxunto coa finalidade de acadar unha estratexia de futuro para esta zona costeira, que contribuirá a optimizar

No marco do proceso de elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo para o período 2021-2027, o Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro Norte promove encontros de traballo conxunto coa finalidade de acadar unha estratexia de futuro para esta zona costeira, que contribuirá a optimizar o aproveitamento dos fondos para a próxima liña […]

O venres pasado, o alcalde do municipio, Julio Iglesias Redondo, fixo entrega aos familiares de Manuel Peña Fernández da Cruz dentrre Servizos Distinguidos na súa categoría de Ouro.

A Cruz, emitida pola Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España, supón un recoñecemento a título póstumo á labor de Manuel Peña Fernández no corpo de voluntarios de Ares, do que foi xefe, mais tamén á súa vocación de servizo público. Ao acto realizado na casa consistorial da localidade […]

Dende onte, a Oficina de Información Turística (OIT) municipal está xestionando as reservas para dúas actividades do Ares Indiano: a ruta en bus por Cervás e Redes e o percorrido en barco pola ría.

Por iso, se estás interesado/a, quedan prazas libres para subirse ao autobús dirección a Cervás: un roteiro guiado de aproximadamente unha hora e cun prezo de 3 euros para os adultos e 1 euro para os menores de 3 a 12 anos! O resto de itinerarios, tanto en bus coma en barco, esgotaron as prazas […]