Dende onte, a Oficina de Información Turística (OIT) municipal está xestionando as reservas para dúas actividades do Ares Indiano: a ruta en bus por Cervás e Redes e o percorrido en barco pola ría.

Comparte esta nota de prensa

Por iso, se estás interesado/a, quedan prazas libres para subirse ao autobús dirección a Cervás: un roteiro guiado de aproximadamente unha hora e cun prezo de 3 euros para os adultos e 1 euro para os menores de 3 a 12 anos! O resto de itinerarios, tanto en bus coma en barco, esgotaron as prazas pola alta demanda recibida na xornada de onte.

Porén, dende o venres, 19, podes preguntar no stand municipal situado na Avda. Saavedra Meneses (núm. 16) para ver se hai algunha praza libre por baixa de última hora nas rutas. Alí formalizarán no momento a túa reserva.

A maiores, a área de Cultura do Concello tamén lembra que a disposición das familias hai tres obradoiros tematizados con prazas limitadas que se xestionan na biblioteca municipal de Ares (981 448 057). Aínda estás a tempo para inscribirte!

Pódeche interesar