Ares volcarase coa Santa Olalla na XV Bandeira Concello de Ares
Representantes do goberno municipal e do Club de Remo da localidade presentaron esta mañá a que será unha cita ineludible dentro da Eusko Label Liga de Traiñeiras. O alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias; a concelleira de Deportes, Noelia Montero, e o presidente do Club de Remo de Ares, Germán Sánchez, presentaron hoxe a XV […]
O andar superior da Casa da Xuventude acolleu onte a inauguración “Mitoloxías de Oriente e Occidente”, o conxunto de esculturas de Ramón Casteleiro.
O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, acudiu ó acto, onde o propio Casteleiro contextualizou cada unha das pezas que configuran a súa exposición, traballos artesanais feitos en madeira con múltiples altorrelieves e bultos redondos. A mostra estará accesible a toda a veciñanza ata o 31 de agosto, de luns a venres, de 9:00 a […]
Lembra que ata o 31 de agosto podes visitar as dúas exposicións que se inauguraron durante o Ares Indiano!
“Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega, atópase na Agrupación Instrutiva de Caamouco e é unha homenaxe aos navegantes galegos que participaron nos inicios das viaxes transoceánicas. Achégate a ela de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 horas. “Retratos de familia” de Delfín Vázquez está dispoñible na Alianza Aresana, de 9:00 a 14:00 […]
Onte, a poeta e escritora Anna Agustí afondou no que supón escribir unha autobiografía
Tomando coma referencia o proceso creativo detrás da súa primeira novela, agora traducida por ela mesma ó castelán, Qué fue de aquel abril.Unha tertulia literaria que se realizou na Alianza Aresana e estivo presentada polo xornalista Pablo J. Rañales. A obra curta de Agustí, relacionada coas particularidades das súas doenzas na infancia e adolescencia, convertése […]