Pleno do día 29 de agosto 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar pdf
Este xoves, 1 de setembro, o Mosteiro de Santa Catalina acollerá un relatorio sobre dereito foral galego coa ponencia de Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares e profesor titular de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Realizarase ás 20:00 horas e contará coa colaboración da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina
Últimos días para achegarte ás 4 exposicións dispoñibles en Ares!
Durante estas semanas, a nosa localidade foi acollendo múltiples mostras que varían en temáticas e formatos. Escultura, fotografía, paneis didácticos… 4 exposicións actualmente activas, mais que rematarán este mércores, 31 de agosto! Consulta os seus horarios de visita: “INVENTIO MUNDI: GALICIA NAS VIAXES TRANSOCÉANICAS NOS SÉCULOS XV-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, de luns a […]
Poñemos rumbo ó final de agosto cun obradoiro de construción de reloxos de sol e un relatorio sobre Dereito Foral de Galicia no Mosteiro de Santa Catalina.
A fin de semana arrancará con chocolatada e concerto e seguirá coa I Batalla de Galos Freestlye! Aquí abaixo podes atopar máis información sobre todos estes eventos.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, acudiron o venres pasado ao acto de despedida das cinco nenas e nenos saharahuís acollidos na contorna comarcal nestes últimos dous meses.
Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras. O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia […]
Despois desta fin de semana, o único que queda pendente é dar as grazas aos nosos remeiros por todo o que nos fixeron vivir coma vila nestes últimos anos!!
Todo o pobo remou e remará sempre con vós, co Club de Remo de Ares e coa Santa Olalla. Os corazóns azuis perduran no tempo!! #AúpaAres #SonTradición #SonCanteira #SonEterno #CorazónsAzuis