Últimos días para achegarte ás 4 exposicións dispoñibles en Ares!

Comparte esta nota de prensa

Durante estas semanas, a nosa localidade foi acollendo múltiples mostras que varían en temáticas e formatos. Escultura, fotografía, paneis didácticos… 4 exposicións actualmente activas, mais que rematarán este mércores, 31 de agosto!

Consulta os seus horarios de visita:

“INVENTIO MUNDI: GALICIA NAS VIAXES TRANSOCÉANICAS NOS SÉCULOS XV-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, de luns a xoves, de 10:30 a 12:00 horas. Mostra cedida polo Consello da Cultura Galega.

“RETRATOS DE FAMILIA” de Delfín Vázquez, na Alianza Aresana, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, co fondo fotográfico da biblioteca municipal de Pontedeume.

“BATERÍAS DE COSTA DA PROVINCIA DA CORUÑA”, cedida pola Deputación da Coruña no Mosteiro de Santa Catalina, de luns a domingo, de 18:00 a 20:00 horas, e tamén de 12:00 a 14:00 os domingos e festivos.

“MITOLOXÍAS DE ORIENTE E OCCIDENTE”, esculturas de Ramón Casteleiro González na Casa da Xuventude, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas, amais dos sábados, en horario de mañá, de 12:00 a 14:00 horas.

Aproveita estas últimas xornadas para achegarte a elas!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado