O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, acudiron o venres pasado ao acto de despedida das cinco nenas e nenos saharahuís acollidos na contorna comarcal nestes últimos dous meses.

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email
Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras.

O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia e que expón o vencello entre Ares e o campamento de refuxiados de Tindouf, en Alxeria.

Este acto de despedida, no que cada concello aportou o seu propio agasallo ós nenos e nenas, realizouse na casa consistorial de Fene.

Pódeche interesar