En marcha a sexta edición do Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

O certame convida á mocidade do municipio a atopar espazos, obxectos, festas e eventos representativos tanto da súa contorna coma da súa propia identidade. A recepción das obras está aberta dende hoxe, 18 de outubro, ata o 4 de novembro ás 20:00 horas, remitindo as fotografías e o formulario de participación a concursofotografia@concellodeares.com A Concellaría […]

VI CONCURSO DE FOTOGRAFIA XUVENIL CONCELLO DE ARES

Gústache a fotografía? Coñeces o teu pobo? Tes entre 8 e 18 anos? Animate, presenta a túa foto Poderás formar parte do calendario municipal 2023 + Premio da categoría O obxectivo deste concurso é convidar a xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, despertando […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do  martes, 18 de outubro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores habituais para o depósito de lixo. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

Durante toda esta semana, o consistorio de Ares amosará sobre a súa fachada a cor rosa coma forma de conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se celebra mañá, mércores 19 de outubro.

Con este acto simbólico, o Concello súmase ás reivindicacións que fan fincapé na importancia da investigación e de contar con diagnósticos precoces para combatir esta enfermidade. Tamén supón unha mostra de solidariedade coas persoas que o padecen e están no proceso de vencelo.