24 participantes sumáronse á terceira ruta do SendAres para coñecer todo un monumento natural galego: os cantís da costa de Dexo, un tramo costeiro espectacular que se sitúa entre os faros de Mera e o porto de Lorbé, nas rías de Ares-Betanzos e A Coruña.

Calas sorprendentes, formación xeolóxicas producidas pola forza do mar e unha paisaxe singular chaman particularmente a atención ao longo do percorrido. Toda unha experiencia que se disfrutou a través do programa de sendeirismo municipal da Concellaría de Deportes! Podes botar unha ollada á paisaxe e ás imaxes que deixou a xornada do domingo pasado aquí […]

Familia, amizades, entrenadores e veciñanza apoiaron o sabádo pasado na casa consistorial aos dous últimos aresáns homenaxeados polos seus éxitos deportivos:

Cristian Carnero Solís, Campión de España de World Natural Bodybuilding Federation (WNBF) e 3º do Mundo en Banpam Weight 2022, e Óscar Fernández Allegue, Campión de España Cadete masculino de Remoergómetro 2022. O salón de plenos da institución acolleu este acto en recoñecemento dos seus logros, pero tamén do seu esforzo para acadalos, que estivo […]