Onte, mércores, e o martes mesmo, a mocidade de 3 a 12 anos parou na biblioteca municipal de Ares para xogar, explorar as súas instalacións e ir na procura dos Reis Magos!!
Dúas actividades que lembran o peche da programación de Nadal do Concello, que se oficializará hoxe á tarde coa cabalgata das súas Maxestades de Oriente. Con lanternas na man e bregando contra a escuridade, estas foron algunhas instantáneas que nos deixaron os máis pequenos na Alianza Aresana!
O aresán Hugo Martínez Cortizas será homenaxeado na casa consistorial da localidade este sábado, 7 de xaneiro
Seguindo a proposta de actos de recoñecemento aos máis recentes logros deportivos de Ares, o Concello organizará o sábado, ás 17:00 horas, unha nova homenaxe a outro dos deportistas que levan o nome da localidade máis aló de Ferrolterra e de Galicia. As autoridades municipais recibirán así a Hugo Martínez Cortizas no salón de plenos […]