O aresán Hugo Martínez Cortizas será homenaxeado na casa consistorial da localidade este sábado, 7 de xaneiro

Comparte esta nota de prensa

Seguindo a proposta de actos de recoñecemento aos máis recentes logros deportivos de Ares, o Concello organizará o sábado, ás 17:00 horas, unha nova homenaxe a outro dos deportistas que levan o nome da localidade máis aló de Ferrolterra e de Galicia.

As autoridades municipais recibirán así a Hugo Martínez Cortizas no salón de plenos do consistorio polo seu posto coma Subcampión Galego de Baile Deportivo en 2022, un logro marcado polo esforzo e a constancia durante anos.

Familia, amizades e toda persoa que desexe trasladar o seu apoio e cariño ao deportista aresán están convidados a sumarse a este recoñecemento institucional!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.