Programación Semana Santa Ares 2023

PROGRAMACIÓN SEMANA SANTA ARES 2023 en pdf
O club de lectura municipal coordinado polo equipo da Biblioteca volveu reunirse na tarde do pasado venres, desta volta para falar sobre a obra “A bailarina de Auschwitz” de Edith Eger.

Esta agrupación lectora púxose en marcha xusto antes da pandemia co obxectivo de fomentar a lectura e o intercambio de opinións entre os membros, e desde entón celebran reunións mensuais para comentar a obra seleccionada e compartir as súas impresións e reflexións. A obra escollida para esta sesión é unha novela inspirada en feitos reais, […]
A actuación da Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia na Igrexa de San Xosé de Ares foi espectacular!

Desde o primeiro momento, o conxunto musical demostrou unha técnica e profesionalidade excepcionais, e logrou cativar ao público presente desde o primeiro acorde. A variada selección de pezas, con obras de grandes mestres como Jenkins, Tchaikovsky, Warlock e Sibelius, tivo unha execución impresionante por parte dos músicos e músicas. Pero o máis destacable da actuación […]
“Tarrafa” gaña o 1º premio e “Casa Nova” e “Yambú” obteñen o 2º e 3º postos do DegustAres 2023

O pasado venres levouse a cabo o peche oficial do concurso de tapas “Degustares” 2023, organizado pola Concellería de Comercio de Ares. O obxectivo principal deste concurso foi incentivar o consumo local e dinamizar o tecido hostaleiro do municipio. En total, 69 participantes completaron adecuadamente o roteiro e outorgaron as máximas puntuacións aos tres locais […]
A unidade móbil de doazón de sangue visita Ares o martes 4 de abril

DOA SANGUE #sumateaonosoequipo Non esperes a que se esgote DOA SANGUE súmate ás máis de 3.000.000 de doazóns. Grazas En ARES, o Mércores, 28 de decembro, UNIDADE MÓBIL AO CARÓN DE “EL PEZ ROJO” (Avda. Saavedra Meneses) de 10:00 a 14:30 e 16:00 a 21:00 horas Para doar sangue hai que almorzar e despois de […]
Durante a xornada do xoves, 30 de marzo, e deste venres, 31, a nosa vila acolleu unha carreira solidaria organizada polo CPI As Mirandas!

A rapazada de primaria e secundaria, dividida entre os dous días, percorreu o núcleo urbano para obter fondos que se destinarán a SaveTheChildren, a oenegué internacional que traballa polos dereitos dos nenos e nenas no mundo. Na actualidade, é un dos principais organismos que desenvolven programas vencellados coa saúde infantil, a nutrición, a atención en […]