O punto limpo móbil vén de ser instalado esta mañá polos operarios municipais enfronte ao camiño que da acceso a Besoxo, á altura da avenida de Mugardos!

Dende hoxe ata a finalización da semana estará disponible para a veciñanza da contorna. Deposita alí os teus residuos domésticos para que poidan ser tratados adecuadamente! Lembra que nel podes deixar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos. A seguinte parada do punto limpo, correspondente á […]
Unha delegación de Ares trasladouse a fin de semana a Bueu para compartir a nosa historia e o interese por recuperar o “millo corvo”.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e outros membros da corporación municipal, recibiron ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, e aos representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso e Rogelio Pérez, sumándose ao momento de fraternidade que tivo lugar no marco do XXIII Encontro-Degustación do Millo Corvo. A comitiva de […]
Sétima ruta do SendAres completada!

Onte, ao redor de vinte sendeiristas achegáronse á beleza dos cantís de Cedeira no marco do sétimo itinerario promovido pola concellaría de Deportes. Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo aproximáronse á contorna de Cedeira para desfrutar dunha agradable xornada de deporte e natureza. A ruta circular levou aos sendeiristas […]