Sétima ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

Onte, ao redor de vinte sendeiristas achegáronse á beleza dos cantís de Cedeira no marco do sétimo itinerario promovido pola concellaría de Deportes. Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo aproximáronse á contorna de Cedeira para desfrutar dunha agradable xornada de deporte e natureza.

A ruta circular levou aos sendeiristas a explorar diversos puntos de interese, como a fermosa ermida de San Antón de Curbeiro. Dende alí, ascenderon aos montes de Cedeira e camiñaron polos cantís para desfrutar das espectaculares vistas da contorna de San Andrés de Teixido.

A paisaxe da zona foi un dos maiores atractivos da ruta, cun impresionante terreo montañoso que se adentra no mar e ofrece vistas panorámicas impresionantes do litoral.

A continuación, poderás ver algunas fotografías da iniciativa.

Pódeche interesar