O alumnado-traballador do obradoiro dual de emprego Reinicia IX inicia a súa formación práctica na especialidade de Carpintaría e Moble

Comparte esta nota de prensa

As dez persoas que se forman no certificado de profesionalidade de Traballos de Carpintería e Moble do obradoiro de emprego Reinicia IX que se está a desenvolver como unha colaboración dos concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos, xa iniciaron as súa formación práctica

Desde o mes de marzo, as persoas integrantes do programa nesta vertente, están a realizar diversos traballos e obras de utilidade pública. No caso do noso municipio, estes traballos concretaranse no subministro de materiais para a substitución da varanda de madeira que limita o Parque de Rosalía.

Nas fotografías poden verse algunhas das actuacións feitas ata o momento, como as prácticas de aplicación de vernices e lacas, a construción de mobiliario para dependencias municipais do Concello de Fene e tamén o mecanizado dos asentos dos que disporá a nova varanda do Parque Rosalía de Ares!

Pódeche interesar