O teatro regresa á escola infantil da Galiña Azul de Ares!

Comparte esta nota de prensa

A escola da Galiña Azul acolleu esta semana unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos poidan coñecer e gozar das cores que lles rodean a través de diferentes elementos sensoriais.

A compañía Trémola Teatro chegou co seu espectáculo « Leo e as cores» para que os nenos e nenas axudasen a Leo, o león máis curioso de toda a selva, a recuperar as cores que os seus amiguiños o Elefante Ante e a Tartaruga Uga perderon nun día de choiva de pompas!

A obra enmárcase dentro das actividades impulsadas polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade e a concellaría de Cultura de Ares, para fomentar que os nenos de 0 a 4 anos tamén poidan gozar de iniciativas que lles axuden á apredizaxe e á socialización en lingua galega.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O MercAres encara a súa recta final

Lembra que ata o 31 de xaneiro, a campaña de fomento do consumo local do Concello segue activa! En xogo continúan os premios de 5,