A concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Ares súmase novamente ao proxecto “Vacacións en Paz” en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Este programa ten como obxectivo traer a nenos e nenas saharauís desde Tinduf (Alxeria) durante os meses de xullo e agosto, evitando as altas temperaturas do deserto, para brindarlles oportunidades de lecer, formación e mellorar o seu benestar xeral. No marco desta colaboración, a concellaría de Benestar e Igualdade realizará unha achega económica para que […]

O Concello aproba os Orzamentos Municipais

As contas para o presente exercicio ascenden a 7.478.846,44 euros  O pleno extraordinario convocado onte aprobou os orzamentos para 2023, o que supón sacar adiante as contas muinicipais, é dicir, o documento económico máis importante do Concello, cun importe que neste exercicio ascende a 7.478.846,44 euros. O alcalde, Julio Iglesias, subliñou que as contas aprobadas […]