O Concello aproba os Orzamentos Municipais

Comparte esta nota de prensa

As contas para o presente exercicio ascenden a 7.478.846,44 euros 

O pleno extraordinario convocado onte aprobou os orzamentos para 2023, o que supón sacar adiante as contas muinicipais, é dicir, o documento económico máis importante do Concello, cun importe que neste exercicio ascende a 7.478.846,44 euros.

O alcalde, Julio Iglesias, subliñou que as contas aprobadas reflicten o compromiso coa estabilidade orzamentaria e coa sustentabilidade financieira e o límite de gasto non financiero da administración local. O obxectivo con estas contas, remarcou,  é que este Concello sexa unha administración ben xestionada e solvente, e que se rexe polo equilibirio orzamentario.

Así as cousas, os orzamentos permitirán poder levar a cabo a actuación de maior calado para os veciños e veciñas de Ares en moitos anos como é resolver o problema do abastecemento, ademais de mellorar a prestación de servizos que se levan a cabo dende a administración local.

O rexedor, Julio Iglesias, explicou que se trata duns orzamentos expansivos coa finalidade de resolver definitivamente un problema secular do Concello de Ares co subministro de auga potable. Este problema resolverase despois de moito traballo e implica un importante esforzo inversor, tanto dos fondos propios como das outras administracións implicadas.

Con isto, o Concello logrou articular a financiación e execución das obras para o proxecto de “Mellora do sistema de abastecemento en Ares”, que prevé unha aportación plurianual da Deputación da Coruña por importe total de 1.712.000 euros e de 856.000 euros por parte do Concello (nas anualidades de 2023, 2024 e 2025). Doutra banda, a Xunta de Galicia aportará a cantidade de 1.712.000 euros. Con  estas  partidas  sufragarase  o  custe  total  dunha  actuación  que  ascende  a 4.280.000 euros e que implica a construción duns depósitos nos terreos adquiridos polo Concello en Simou que abastecerán de auga ao municipio.

Ademais, o capítulo de infraestruturas recolle outras importantes actuacións que completarán a renovación integral da rede de abastecemento e saneamento en todo municipio, entre os que destacan, por exemplo, o proxecto de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé (156.285 euros) ou a misma intervención na rúa Fomento (cun importe de 155.139 euros). Neste apartado tamén se inclúen actuacións como o proxecto para a mellora das infraestruturas no entorno de O

Porto (rúas Caramanchón, dos Mártires e San Xoan, por importe de 207.792,92 euros).

Tamén adquire gran importancia, entre outros, a aportación municipal para a renovación integral da envolvente exterior do pavillón municipal (coa renovación de todas a fachadas, a cuberta, a iluminación e as instalacións de xeración térmica), cuxo investimento total acada os 516.051,74 euros; ou as partidas reservadas para adquisición de terreos, entre elas, a que permitirá a dotación dun aparcadoiro público na rúa Concepción Arenal.

Pódeche interesar