A concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Ares súmase novamente ao proxecto “Vacacións en Paz” en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Comparte esta nota de prensa

Este programa ten como obxectivo traer a nenos e nenas saharauís desde Tinduf (Alxeria) durante os meses de xullo e agosto, evitando as altas temperaturas do deserto, para brindarlles oportunidades de lecer, formación e mellorar o seu benestar xeral.

No marco desta colaboración, a concellaría de Benestar e Igualdade realizará unha achega económica para que os nenos e nenas saharauís poidan pasar dous meses de verán en Ares, brindándolles oportunidades de mellorar as súas condicións básicas e permitíndolles coñecer diferentes formas de vida máis aló do contexto no que viven no seu lugar de orixe.

A concelleira, Victoria Montenegro, destacou a importancia deste programa de acollida xa que permítelles aos nenos e nenas acceder a cuestións tan fundamentais como a atención médica e alimentos, así como escapar das extremas temperaturas do deserto durante o verán.

As unidades familiares interesadas en participar no programa de acollida poden dirixirse aos Servizos Sociais mnicipais para xestionar o trámite ou solicitar máis información. A data límite establecida é o 15 de maio.

Pódeche interesar