Os escolares de Ares gozan dunha versión lúdica e didáctica do deporte cunhas xornadas centradas na orientación e na práctica de actividades náuticas

Esta semana arrancou no CPI As Mirandas unhas das actividades con máis éxito co foco posto nos nenos e nenas do municipio. Trátase de “Actividade deportiva escolar” e “Xogando co auga e co vento”, unhas iniciativas organizadas polo Concello de Ares en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte, co obxectivo de  promocionar a saúde, […]

Últimos días para inscricións no programa “Conciliares”! Ata o 31 de maio poderás inscribir aos teus fillos/as de 3 a 12 anos neste servizo municipal que promove a conciliación durante xullo e agosto.

Con actividades lúdicas, educativas e a oportunidade de interactuar con outros nenos/as, “Conciliares” converteuse nunha opción moi valorada polas familias da nosa localidade. Podes entregar a documentación no Departamento de Servizos Sociais ou facelo de forma rápida e sinxela a través do rexistro electrónico na web institucional. Consulta toda a información aquí: https://concellodeares.gal/proxecto-xeral-do-servizo-de-conciliares-2023/