O alumnado-traballador do Taller de Emprego Reinicia IX ten todo preparado para a instalación da nova varanda de madeira no Parque Rosalía!

Comparte esta nota de prensa

O Reinicia IX está a levar a cabo o proxecto de dotación dunha nova varanda para delimitar o Parque Rosalía, onde os integrantes da especialidade de carpintería e moble están a realizar un excelente traballo.

Despois de fabricar os balaústres e tratalos cun recubrimento protector, o alumnado procedeu a armar as varandas e xa se atopan preparadas para a súa colocación a próxima semana.

Esta acción dentro do programa Reinicia IX foi impulsada polo Concello, que tamén proporcionou o financiamento necesario para a dotación dos materiais. É un gran exemplo de como o Taller de Emprego Reinicia IX brinda oportunidades de formación e emprego, á vez que contribúe a mellorar os espazos públicos.

Parabéns ao alumnado pola súa dedicación e esforzo na fabricación destas varandas! O seu traballo será apreciado polos visitantes do Parque Rosalía e será un testemuño duradeiro da súa habilidade e profesionalidade en traballos de carpintería e moble!

Pódeche interesar