Festas populares, literatura, citas gastronóminas ou solidarias centran as actividades da fin de semana en Ares
Como vén sendo habitual durante todo o ano o calendario en Ares está repleto de citas, que se incrementan notablemente nos meses de verán, e que ofrecen unha ampla variedade de alternativas para o disfrute de todos os públicos nas datas de máis calor. Proba desta intensa actividade estival son as iniciativas programadas para esta […]
A Alianza Aresana proxectará este sábado 15 de xullo, a partir das 20:00 horas, o documental “Mi pequeño gran samurái”
Dirixido por Arantza Ibarra, o documental narra a historia de Ekai Lersundi, un mozo trans que faleceu por suicidio en 2018 mentres loitaba por acceder á terapia de substitución hormonal. O obxectivo do filme é render homenaxe a Ekai e destacar a loita das persoas trans en Euskal Herria. Despois da proxección, os pais de […]
A proxección da primeira película do ciclo de cine de verán en Ares, “A todo tren”, tivo unha excelente acollida!
O aforo estivo completo e numerosas persoas de todas as idades asistiron ao evento na Praza da Constitución da localidade, que se converteu nun escenario perfecto para gozar dunha noite de cine ao aire libre. O próximo filme programado será “Encanto”, o xoves 27, ás 22.30 horas, no mesmo espazo!
Lembrámoste que o ciclo “Literatura na rúa” recala en Ares este domingo 16!
Será a partir das 18:00 horas, no paseo marítimo da localidade. Un total de dezaseis escritores estarán presentes no evento, repartidos en dúas quendas, listos para asinar as súas obras e compartir as súas historias co público. O proxecto está impulsado pola Asociación Galega de Escritores, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Ares. Desde […]
Pechamos a primeira quincena do programa “ConcilAres”, que arrancou ou pasado 3 de xullo na pista polideportiva municipal.
Este campamento para nenos e menas dos 3 aos 10 anos, estará activo durante os meses de xullo e agosto e, unha vez máis, terá como epicentro o CPI As Mirandas. Neste lugar organizaranse diversas actividades e saídas a contornas naturais, como a praia de Ares. A programación inclúe unha variedade de xogos, manualidades, deportes […]