23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Comparte esta nota de prensa

Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de Cantares galegos ou Follas Novas tamén se converte nunha das bases da identidade galega. E para celebralo, a maiores de programar dúas actividades na biblioteca municipal este 23 e 24 de febreiro, a Concellaría de Cultura tamén comparte as fotografías recibidas dentro da campaña “Somos Rosalías. Coa forza da lingua!”.

Bota unha ollada aquí embaixo para ver as caracterizacións que fixeron María José Vila e Esperanza Ocampo coma homenaxe á poeta. As instantáneas sumaranse ás dos outros concellos da Mancomunidade que comparten Servizo de Normalización Lingüística para construír así unha visión conxunta de Rosalía!

“Que inchadiña branca vela
antre os millos corre soa,
misteriosa pura estrela!
Dille o vento en torno dela:
«Palomiña, voa!, voa!”

Cantares galegos, 1863.

Pódeche interesar