39ª edición da Regata Multiclase Memorial Carlos Aguilar e Teniente General Gabeiras

Comparte esta nota de prensa

Compartimos algunhas imaxes da entrega de agasallos desta edición, coa presenza da concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón.

 Unha xornada marcada polo forte vento no mar, que puxo a proba xs participantes e fixo máis complicada a regata. A pesar das condicións, especialmente os máis pequenos estiveron á altura, demostrando o seu esforzo, ilusión e espírito deportivo e completando o percorrido.

Parabéns a todxs xs participantes polo traballo e a entrega, e noraboa ao Club Náutico Ría de Ares pola organización desta nova edición.

Pódeche interesar