Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.
33 edicións mantendo viva esta tradición e reunindo ano tras ano a numerosos afeccionados e afeccionadas á pesca. ¡Díselle pronto!
A concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón, acompañou ás persoas participantes e á organización durante a xornada.
Parabéns a todas as persoas participantes e, especialmente, ás gañadoras e gañadores!









