ARES INDIANO 2022

Comparte este evento

19,20 E 21 DE AGOSTO

– EXPOSICIÓNS

De 11,30 a 13,30 h e de 18,30 a 20,30 h.
ALIANZA ARESANA “RETRATOS FAMILIARES” Delfín Vázquez

De 11,30 a 13,30 h e de 18,30 a 20,30 h.
AGRUPACIÓN INSTRUTIVA DE CAAMOUCO “INVENTIO MUNDI”

– OBRADOIROS

COLARES E GRAVATAS DE LAZO (+ de 4 anos). Prazas limitadas. Prezo: 2 €

PINTURA CARIBEÑA–TALLER MUKINA (Ares) (De 4 a 13 anos). Turno único: 32 prazas. Prezo: 2€

POSTRES INDIANOS PARA FAMILIAS (+ de 4 anos). Prazas limitadas. Prezo: 3€

ROTEIROS GUIADOS EN BUS HISTÓRICO (Saídas da Praza da Igrexa). Máscara obrigatoria.
– Roteiro 1 (60 minutos) – ARES- CERVÁS
– Roteiro 2 (75 minutos) – ARES- CERVÁS
Prezos do roteiros 1 e 2: de 0 a 2 anos: de balde, de 3 a 12 anos: 3€

ROTEIROS EN BARCO POLA RÍA (Sábado e domingo desde o peirao, máximo 3 prazas por reservar)
Saídas: 11,30h /12,45 h /17,30 h / 18,45h. Prezos: de 0 a 2 anos: de balde, de 3 a 12 anos: 3€, + de 12 anos: 5 €.
Inscricións para o bus e o barco: desde o 16 de agosto na oficina de Turismo, no Tlf. 981468259.
Inscricións para os obradoiros: desde o 16 de agosto na Biblioteca no Tlf. 981448057 (máximo 3 prazas por reserva).

– SEMINARIO DE CULTURA ULTRAMARINA NA ALIANNZA ARESANA

RELATORIO: M. Xosé Porteiro e Martín Fernández Vizoso: Hijas de Galicia. Sábado 12,30 h.

PRESENTACIÓN: Edición facsímil da obra “Campaña político-social y anticaciquil de Juvenal”. Sábado 19,30 h.

RELATORIO: Raúl Soutelo: Consecuencias da emigración de retorno na Galicia anterior á guerra civil: impacto demográfico, económico, social, político e cultural. Domingo 12,00 h.

– OUTRAS ACTIVIDADES

STAND MUNICIPAL (Avda. Saavedra Meneses 16). Aberto de 11,30h a 14,00h e de 18,30h a 21,00h.
– Venda de material conmemorativo (abanicos, sombreiros, postre indianitos)
– Aluguer de vestimenta indiana (tenda efémera Chimpos) aberta do 16 ao 20 de agosto

AVDA. SAAVEDRA MENESES
– Recreación da escea indiana Sociedade Cultural O Tilo
– Postos de venda e artesanía ao longo de todo o paseo

JARDINES LA TROPICAL
– Festa da Xiba. Sábado ás 13,00h. Tiques: 12 €

– VENRES 19
19,30h: INAUGURACIÓN da exposición “Inventio Mundi”, cedida polo Consello da Cultura Galega. A Tenencia. REDES
20,00h: PASARRÚAS coa Charanga Os Celtas. ARES
20,30h: INAUGURACIÓN da exposición “Retratos de familia” de Delfín Vázquez. ALIANZA ARESANA
21,30h: TEATRO co grupo A Cova do Trasno: “O trasno do Xuncal”. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
22,00h: PASARRÚAS coa Charanga Os Celtas. ARES

– SÁBADO 20

11,15h: ROTEIRO en bus histórico a Redes
11,30h:
– ROTEIRO en barco pola ría
– ROTEIRO indiano a pé con Cayetano Lledó. ARES
12,00h: INAUGURACIÓN oficial do Ares Indiano 2022 e posterior actuación do Trío Blanco e Negro. ALIANZA ARESANA.
12,30h:
– PASARRÚAS do Grupo de Gaitas Aresán. ARES
– RELATORIO. María Xosé Porteiro e Martín Fernández Vizoso. ALIANZA ARESANA
– XOGOS populares na Rampa Pequena. ARES
12:45h: ROTEIRO en barco pola ría
13,00h:
– ROTEIRO en bus histórico a Cervás
– ANIMACIÓN na rúa con Cayetano Lledó. REDES
– XII FESTA DA XIBA, amenizada por Angel Habana. PARQUE ROSALÍA DE CASTRO
17,30h: ROTEIRO en barco pola ría
18,00h:
-ROTEIRO en bus histórico a Cervás
-OBRADOIRO de colares e gravatas de lazo. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
18,30h:
– ROTEIRO indiano a pé con Cayetano Lledó. ARES
– ROTEIRO en barco pola ría
19,00h: EXHIBICIÓN DE BAILE latino por parellas e de seguido CLASE MAXISTRAL a cargo de Hugo Martínez Cortizas. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
19,15h: ROTEIRO en bus histórico a Redes
19,30h: PRESENTACIÓN da edición facsímil da obra “Campaña político-social y anticaciquil de Juvenal”. ALIANZA ARESANA.
20,00h: ANIMACIÓN no Paseo Marítimo con Cayetano Lledó. ARES
20,30h: ACTUACIÓN de Jamila Purofeeling: “En la Habana de Noche”. C.I.R.S de CERVÁS.
21,00h: PASARRÚAS con Los Primerizos. ARES
22,30h: CONCERTO ESPECTÁCULO musical GALLAEICA BIG BAND ALL STARS. Praza da IGREXA

– DOMINGO 21
11,15h: ROTEIRO en bus histórico a Redes
11,30h:
– ROTEIRO en barco pola ría
– OBRADOIRO de pintura infantil. Taller Mukina. PRAZA DA CONSTITUCIÓN
12,00h:
– ROTEIRO indiano a pé con Cayetano Lledó
– RELATORIO Raúl Soutelo. ALIANZA ARESANA
12,30h:
-PASARRÚAS do Grupo As Searas. REDES
– OBRADOIRO de colares e gravatas de lazo. C.I.R.S de CERVÁS
12:45h: ROTEIRO en barco pola rúa
13,00h:
– Chegada dos Automóbiles Históricos. ARES
– ROTEIRO en bus histórico a Cervás
– ANIMACIÓN na rúa con Cayetano Lledó. ARES
17,30h:
– ROTEIRO en barco pola ría
– VISITA dos Automóbiles Históricos. CERVÁS
18,00h:
– ANIMACIÓN na rúa con Cayetano Lledó. ARES
– OBRADOIRO postres indianos para familias. ALIANZA ARESANA
18,30h:
– ROTEIRO en barco pola ría
– VISITA dos Automóbiles Históricos. REDES
19,00h: ACTUACIÓN do grupo de baile tradicional “Areas do Mar chegan de América”. PRAZA DA IGREXIA
19:30h: ROTEIRO indiano a pé con Cayetano Lledó. ARES
20,00h:
– NARRACIÓN ORAL: “Costureiras”. Ángeles e Caxoto. ALIANZA ARESANA
– PASARRÚAS con Trovadores de Ares. ARES
22,30h: CONCERTO Habana Soul. PRAZA DA CONSTITUCIÓN

CONCURSO DECORACIÓN ARES INDIANO (negocios)

  • Durante a fin de semana do 19,20 e 21 de agosto de 2022 decora o teu local ou escaparate con motivos indianos, faille unha foto e enviánola xunto coa situación do espazo no que se atopa e os teus datos persoais e de contacto por mail a: cultura@concellodeares.com ou por whatsapp ao número 690021106.
  • Prazo máximo: domingo, 21 de agosto ás 12,00h.
  • PREMIOS: 3 vales de 100 € canxeables nos establecementos da vila adheridos ao evento.
  • O fallo dos premios realizaráse entre todas as fotografías recibidas que cumpran os requisitos das bases o día 21 de agosto ás 22,00h e o resultado publicaráse na páxina de Facebook do Ares Indiano. A organización contactará coas persoas gañadoras.
  • O xurado estará composto por 3 persoas relacionadas coa organización e asesoramento do evento Ares Indiano, que elixirá os 3 gañadores atendendo a criterios de orixinalidade, vistosidade e fiel recreación.
  • Prazo para canxear os vales: do 22 de agosto ata o 22 de setembro de 2022.
  • Bases completas na web: www.concellodeares.com

 

– SORTEO DE VESTIMENTA INDIANA

  • As persoas interesadas en participar, de calquera rango de idade, deberán chegarse caracterizadas ao stand municipal que estará instalado en Avda. Saavedra Meneses 16, durante o seu horario de apertura. Alí recollerán a papeleta nominativa de participación.
  • Prazo de inscrición: desde o 19 de agosto ás 19,00h ata o 21 de agosto ás 20,00h.
  • Premios: 6 vales por importe de 50 € cada un canxeables nos establecementos da vila adheridos.
  • Sorteo de premios: domingo 21 de agosto ás 22,15h na Praza da Constitución
  • Prazo para canxear os vales: do 22 de agosto ata o 22 de setembro do 2022
  • Bases completas na web: www.concellodeares.com

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES en pdf: programa_ares_indiano-2022

 

Pódeche interesar...

Eventos

Vive o Nadal, Vive Ares

MÉRCORES, 4 DE DECEMBRO ILUMINA OS TEUS DESEXOS Ponte da Ciscada, 17:30 horas. Acendido da árbore e do alumeado de Nadal.   XOVES, 12 DE

Eventos

MercAres 2024-2025

CAMPAÑA DE APOIO AO PEQUEÑO COMERCIO E Á HOSTELERÍA DE ARES 1 de decembro do 2024 ao 31 de xaneiro do 2025 BASES DE PARTICIPACIÓN