Mañá teremos a Tarabela Creativa co seu contacontos “Quen ten cú, ten medo” ás 18:00 horas, unha narración máxica de lobishomes, magas, monstros e outros elementos da tradición oral galega combinados coa risa. O humor coma ferramenta para loitar contra o medo!
E o venres, tamén ás 18:00 horas, recorda que chegará Paco Nogueiras cargado de cancións e bailes de diferentes estilos musicais, transformando a biblioteca municipal de Ares nun espazo onde deixarse levar e cantar coa familia.