Xornadas dos “Encontros interescolares de baloncesto”

Comparte esta nota de prensa

As sesións contaron coa participación do alumnado das escolas municipais de baloncesto de Ares e do Concello de Fene.

Tras un primeiro partido amigable que se xogou o 6 de maio no pavillón da Xunqueira de San Valentín, o pasado xoves disputouse o encontro de volta no pavillón polideportivo municipal de Ares.

A iniciativa, promovida polas concellarías de Deportes de Ares e Fene, que persegue combinar a práctica deportiva e recreativa, ademais de potenciar as relacións de convivencia, saldouse cunha destacada actuación dos equipos e un ambiente do máis positivo entre a rapazada!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Pasou o Entroido en Ares!

Maiores e pequenos gozaron do Entroido este mércores dentro da programación que deseñou a Concellaría de Cultura durante a tarde. Chocolate quente, orellas, música ambiente,