A Agrupación de Protección Civil recibe novo material de comunicación

Comparte esta nota de prensa

O presidente da Agrupación de Protección Civil de Ares, Marcial Díaz, xunto co coordinador, Carlos Rivera, recibiron o material o pasado venres na sede da Deputación.

A Agrupación de Protección Civil de Ares, xunto con 20 agrupacións da provincia, resultou beneficiaria desta liña de axudas promovidas pola Deputación co propósito de impulsar a renovación de equipos. En concreto, a agrupación de Ares recibiu un novo equipo de comunicación, composto por un repetidor e catro transmisores portátiles de radio.

José Juan Vilar, edil de Seguridade, quixo destacar a importancia que supón para a base aresán contar con novos aparellos, adaptados ás necesidades actuais, que redundarán nun mellor desenvolvemento do seu labor.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.