Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura móbil chegan a Ares co despregue das redes 5G

Comparte esta nota de prensa

A nova tecnoloxía permitirá aos aresáns contar con servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica.

As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron recentemente o inicio da implantación en Ares das redes 4G e 5G sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Este novo servizo de telefonía móbil na contorna de Ares redundará nunha mellora das conexións móbiles de alta velocidade, así como da cobertura nos edificios e unha maior extensión xeográfica.

Para garantir a compatibilidade da nova tecnoloxía coa televisión dixital terrestre (TDT), as operadores puxeron en marcha a entidade Llega700, encargada de solucionar calquera afectación na recepción do sinal de televisión.

Principais vantaxes: máis e mellor cobertura.

Coa nova rede móbil abriuse a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga como no envío de datos (fotos, música, contidos audiovisuais de alta definición…) ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións online, como os videoxogos.

Ademais, as novas redes inclúen maior solvencia nos problemas relacionados con orografías complicadas e unha mellor penetración nos edificios. A implantación do servizo facilitará o traballo diario tanto nas áreas empresariais coma na administración pública.

Garantir a compatibilidade da rede móbil e a TDT.

Para garantir a compatibilidade da rede móbil e a TDT, os operadores habilitaron a entidade “Llega700” co obxectivo de xestionar este proceso e prestar servizos de atención ós usuarios afectados pola implantación de maneira gratuíta.

No teléfono 900 833 999, Llega700 atenderá as afeccións que se produzan tras o acendido das estacións. Tamén se habilitou a páxina web http://www.llega700.es  .

Pódeche interesar