Como facer unha boa folla de cálculo para saber os costes dos nosos menús? Podemos aproveitar ao máximo os peixes, tendo en conta as súas mermas? Como sabemos o prezo que podemos establecer para cada prato, xunto cos ingresos que nos reportan?
Se queres aprender a contestar profesionalmente a estas cuestións, súmate este mércores ó segundo curso da Academia do Mar, a iniciativa de divulgación e formación ó tecido hostaleiro dentro da proposta de Ares Ultramarino.
Miguel Silvarredonda, docente de contrastado prestixio, impartirá o obradoiro gratuíto de “Escandallo e optimización de menús” na Alianza Aresana dende as 17:30 horas, unha oportunidade única para aprender e mellorar no cálculo e axuste dos prezos dos pratos!
As persoas interesadas aínda poden inscribirse vía telemática na páxina web municipal -no apartado dedicado á Academia do Mar-, no número de teléfono 618 004 110 ou no correo electrónico academiadeturismo@sihaho.com.