Á inauguración oficial acudiron representantes municipais, xunto cos organizadores e algún dos protagonistas, para falar sobre a importancia do proxecto; unha mostra que debulla a loita polos dereitos democráticos e sindicais que contribuíron á chegada da democracia en España.
A exposición permanecerá xusto diante da casa consistorial ata o 24 de novembro e está promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuxo Bucán e Memoria Histórica Democrática