Reunión coa asociación de Veciños de Chanteiro

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Mobilidade, Lucía Blanco, reuniuse esta mesma mañá coa Asociación de Veciños de Chanteiro para revisar os horarios do transporte metropolitano, o seu cumprimento e as necesidades actuais, de cara a buscar máis puntos de mellora e optimización do servizo.

A situación de Chanteiro é tamén unha das máis urxentes e preocupantes para o Concello, pois vulnera directamente o acceso da veciñanza ó núcleo urbano de Ares, erosionando os seus dereitos básicos. Dende a Concellaría de Mobilidade detéctase un incumprimento constante do servizo de transporte, especificamente no caso da ruta L8 de Chanteiro, que non recolle ós pasaxeiros ás 08:05 horas como está estipulado no propio horario de UTE Hércules Norte. Estanse realizando partes de incidencia diarios que exemplifican esta problemática e que son comunicados á Xunta de Galicia e á empresa adxudicataria.

O Concello e a Asociación de Veciños de Chanteiro tamén consensuaron na reunión que é fundamental recuperar unha das frecuencias máis empregadas pola veciñanza do rural: a liña con saída de Chanteiro ás 10.00 horas destino a Pontedeume que incluía paradas en Cervás, Ares e Redes. A súa volta, ás 12.00 horas dende Pontedeume, permitía unha conexión de calidade e un acceso razonable a servizos básicos como asistencia médica, compra ou xestións bancarias.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.