Últimos días para achegarte á exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

Comparte esta nota de prensa

Se aínda non pasaches por diante da casa consistorial, tes ata este xoves, 24 de novembro, para botar unha ollada ó conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato; unha homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972.

Promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co apoio das asociacións Fuco Buxán e Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, a exposición dignifica a forte loita polos dereitos democráticos e sindicais, chave para a chegada e consolidación da democracia en España.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local